trofeo
(
-
s
m
[HIST/ARTE]
Signo de vitoria, entre os gregos e romanos, erixido polos vencedores cos despoxos do inimigo vencido, que se penduraban do tronco dunha árbore ou se amoreaban sobre o mesmo campo de batalla en recordo da vitoria conseguida. Posteriormente, o nome pasou a designar basicamente os monumentos erixidos en lembranza das vitorias. Na arte antiga, foron un elemento arquitectónico e decorativo, tanto en Grecia (Atena Niké, na Acrópole ateniense, frisos con armas en Pérgamo), coma en Roma, onde se multiplicaron os arcos de triunfo, nas moedas (vitoriali) e nas columnas rostrais.
-
s
m
Obxecto que representa a vitoria do vencedor fronte ao seu inimigo.
-
s
m
-
Obxecto que recibe un competidor como recompensa simbólica pola súa vitoria.
-
Competición deportiva que ten de premio un trofeo.
-
-
s
m
[ARTE]
Decoración esculpida ou pintada formada por armas, escudos, lanzas, bandeiras e temas florais, cintas ou outros.
-
s
m
Cabeza disecada dun animal abatido que se conserva como trofeo de caza.