trombo

trombo

(

  1. s m [PAT]

    Masa sanguínea coagulada dentro dun vaso ou das cavidades cardíacas.

  2. trombo branco [PAT]

    Trombo que se produce por un retardo da circulación e está constituído por camadas de fibrinas, abundantes en leucocitos, e de substancia hialina granulosa.

  3. trombo calcificado [PAT]

    flebólito.

  4. trombo fibrinoso [PAT]

    Trombo composto principalmente de fibrina que está adherido ás paredes dun vaso sanguíneo.

  5. trombo infeccioso [PAT]

    Trombo que se forma con material séptico acumulado na parede dun vaso.

  6. trombo mecánico [PAT]

    Trombo que está formado pola obstrución mecánica dun vaso.

  7. trombo obliterante [PAT]

    Trombo que obstrúe completamente a luz dun vaso.

  8. trombo organizado [PAT]

    Trombo en que se produce un proceso de rexeneración vascular e conxuntiva.

  9. trombo propagado [PAT]

    Trombo que se propaga na dirección da corrente sanguínea e se transforma nun lugar diferente ao da súa formación.

Palabras veciñas

trombectomía | trombídido -da | trombina | trombo | trombo- | tromboanxite | trombocito