trombón

trombón

(< ital trombone)

  1. s m [MÚS]

    Instrumento aerófono de embocadura semiesférica, corpo curvo e sección cónica na parte correspondente ao pavillón e cilíndrica no resto. Acciónase por medio dunha chave ou por pistóns. O modelo que se emprega nas orquestras sinfónicas é a modalidade tenor do trombón en si bemol. Os outros membros desta familia son o frautín, o soprano, o contralto e o baixo.

  2. s [MÚS]

    Persoa que toca este instrumento.