1 trono

1 trono

(

  1. s m [METEOR]

    Fenómeno acústico que acompaña ao lóstrego. É debido á expansión de aire ao paso da descarga eléctrica. Dado que a propagación do son é máis lenta que a da luz, o trono séntese despois de ver o lóstrego.

    Sinónimos: tronido.
  2. s m

    Ruído moi forte, xeralmente ao producirse unha detonación.

    Sinónimos: tronido.

Refráns

  • As tormentas por san Xoán tollen o vifio e levan o pan.
  • Auga de tronada, nuns sitios moita e noutros nada.
  • Cando en inverno vires tronar, vende os bois e bótao en pan.
  • Cando trona en marzo, aparella as cubas e o mazo.
  • Cando trona, forza é que chova.
  • Cando tronou e trona, forza é que chova.
  • Maio treboado e san Xoán claro fan un ano temperado.
  • Maio treboado, ano temperado.
  • Os tronos e o mar dan un pouco que pensar.
  • Tronando en abril, de dez grans nacen mil.
  • Tronos de soán, pouca auga e, se cadra, pouco pan.
  • Tronos en maio anuncian mal ano.
  • Tronos en marzo, ou fame ou mortazoo
  • Vale máis un torbón de abril cós bois e o carro e aquel que vai nil.
  • ¡Tronos ao mar!: que alí teñen ande se afogaro

Palabras veciñas

Trondheim | troneira | tronido | 1 trono | 2 trono | tronza | tronzador