Trypanosoma
Trypanosoma
[MICROB]
Xénero de protozoos parasitos que se atopan no plasma sanguíneo do home e dos animais, e que se caracterizan por unha delicada membrana ondulante e un flaxelo nunha extremidade. As especies parasitas e patóxenas para o home son T. gambiense e T. rhodesiense, produtoras da tripanosomíase africana ou enfermidade do sono, e T. cruzi, produtor da enfermidade de Chagas.