Tucán
Tucán
[ASTRON]
Constelación austral situada entre as de Grúa, Fénix, Hidra macho, Octante, Pavo e Indio. Contén 44 estrelas observables a simple vista, das que a máis brillante é α-Tucanae, que ten unha de magnitude de 2,91 e está situada a unha distancia de 142 anos luz. Contén tamén a pequena nebulosa de Magalhães e o cúmulo globular 47 Tucanae.