tule
tule
(
s
m
[TÉXT]
Tecido de seda, algodón ou fibras sintéticas, de malla en reixa, feito cunha ou máis series de fíos de urdido enrolados entre si, e tamén unha ou máis tramas enroladas arredor dos fíos de urdido ou doutras tramas, ao tempo que se trasladan transversalmente. O tule liso, de mallas hexagonais, é o máis simple e serve de base para bordados. Os tules de Flandres, Malinas e Valencianos tamén son de reixa hexagonal. Os tules francés e inglés teñen dúas series de fíos verticais e unha trama horizontal que os une en zigzag.