tulúnida

tulúnida

(< antropónimo Aḥmadibn Ṭūlūn)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos tulúnidas.

  2. s [HIST]

    Membro dunha dinastía que gobernou (868-905) Exipto, Siria e a Tripolitania con independencia do Califato de Bagdad. O seu fundador, Aḥmad ibn Ṭūlūn, instaurou un réxime militar que implicou un período de gran prosperidade. Sucedeuno o seu fillo, ḫumārawayh (884-896), que mantivo boas relacións co califa. Os seus sucesores, Ǧayš (896) e Hārūn (896-905), perderon o territorio e o país volveu ser rexido polos gobernadores nomeados polo califa de Bagdad e dependentes del.

Palabras veciñas

Tulo Hostilio | Tulsa | Tulum | tulúnida | 1 tumba | 2 tumba | tumbaga