tungsteno

tungsteno

(

Nome científico: [W]
s m [QUÍM]

Elemento químico metálico de número atómico 74 e peso atómico 183,85, que pertence ao grupo VIB da táboa periódica. É de cor branca agrisada e ademais da súa alta densidade (19,3), ten unha temperatura de fusión de 3.410°C. Foi descuberto en 1871 por Scheele. É un elemento pouco abundante, xa que non se dá en estado nativo, e pode atoparse en minerais como a volframita ou a scheelita. Emprégase na industria siderúrxica, na fabricación dos fíos das lámpadas incandescentes, en automobilística ou na preparación de aliaxes para traballar a temperaturas elevadas. Existen importantes xacementos deste mineral en diversas zonas de Europa como Reino Unido, Francia ou Alemañia, pero onde hai maior cantidade é en Portugal e en España, especialmente en Galicia (San Fins en Noia, Santa Comba e Monteneme en Carballo), Asturias, León, Zamora e Extremadura. OBS: Tamén se denomina volframio ou wolframio.

Palabras veciñas

Tungabhadra | tungro -gra | tungstato | tungsteno | túngstico -ca | tungstita | Tungurahua