turbidimetría

turbidimetría

(< túrbido + -metría)

s f [QUÍM]

Técnica de química analítica cuantitativa que se basea na variación que experimentan as propiedades ópticas dunha suspensión coa concentración da fase dispersa. Así, cando se fai pasar un feixe de raios luminosos a través dunha suspensión, a enerxía radiante incidente disípase en parte por absorción, por reflexión e por refracción, mentres que a restante atravesa a suspensión. A análise turbidimétrica consiste na medición da luz transmitida, en función da concentración da fase dispersa.

Palabras veciñas

turbelario -ria | turbiar | turbidez | turbidimetría | turbidímetro | túrbido -da | turbina