Turbisquedo, pazo de
Turbisquedo, pazo de
Construción situada no Souto (A Peroxa). Ten planta rectangular cun patio interior, planta baixa e piso alto. Na fachada ten un arco moi rebaixado e, nun lado, unha torre de planta octogonal cuberta cunha cúpula rematada nun pináculo.