turbopropulsor

turbopropulsor

(

s m [TECNOL]

Motor híbrido que acciona unha ou máis hélices e proporciona impulso en forma de reacción. Funciona de maneira semellante a un turborreactor, pero coa diferenza de que unha gran parte da enerxía de propulsión dos gases de escape (80 a 85%) se utiliza para mover unha turbina, que impulsa, a través dun sistema redutor mecánico, a árbore da hélice.

Sinónimos

Palabras veciñas

turbocompresor | turbohélice | turbomotor | turbopropulsor | turborreactor | turbulencia | turbulento -ta