Turena
Turena
Antiga provincia de Francia situada entre Maine-et-Loire ao N, a rexión natural de Sologne ao L, Poitou-Charentes ao S e Anjou ao O (6.500 km2). Corresponde desde 1790 ao departamento de Indre-et-Loire. A capital é Tours. Comprende o extremo suroccidental da conca de París. Habitada en tempos polos turóns, os romanos incorporárona á Galia Lionesa. Ocupada ao final do s V polos visigodos, foi conquistada por Clodoveo (s VI), que a incorporou ao Reino Franco. Foi condado hereditario (s X) baixo a autoridade dos condes de Blois e de Anjou e dos Plantagenet ingleses, ata que Filipe II Augusto a conquistou en 1204. Incorporouse á coroa francesa en 1584.