Tuy, vizcondado de
Tuy, vizcondado de
Título concedido por Enrique IV en 1473 a Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido como Pedro Madruga . Á súa morte non foi solicitado por ningún dos seus sucesores. Rehabilitouse en 1921 polo seu descendente Diego del Alcázar y Guzmán (1849-?), II vizconde de Tuy, conde de Villamediana e marqués de Peñafuente. Sucedeuno como III vizconde de Tuy o seu neto Pedro del Alcázar y Caro (1928-1997), que en 1980 cedeu o título ao seu fillo Juan Pedro del Alcázar y Gomez-Acebo (1956), IV vizconde de Tuy e conde de Santo Buono con Grandeza de España.