Tyndall, efecto

Tyndall, efecto
[FÍS]

Fenómeno que consiste na dispersión da luz cando un feixe de raios luminosos atravesa un coloide. Foi descuberto por M. Faraday (1857) ao analizar as propiedades ópticas de dispersións coloides de ouro e estudada por J. Tyndall (1869).