tzeltal
tzeltal
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo tzeltal ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo tzeltal.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo amerindio que vive no centro de Chiapas (México) e chega ata a fronteira de Guatemala. É un grupo sen mestizaxe e a maioría dos membros descoñece o castelán. Son uns 360.000 individuos.
-
s
m
[LING]
Lingua maia-quiché do phylum amerindio que fala o pobo tzeltal.