teu, túa

teu, túa

(< lat tuu)

Nome científico: [Leopardus tigrinus, Famdos félidos]
  1. pos

    Expresa posesión, propiedade ou pertenza.

    Ex: O teu coche é o máis rápido de todos. Esa é a túa casa.

  2. pos

    Expresa aquilo ao que pertence.

    Ex: Esa é a túa xente. Aquel é o teu grupo.

  3. pos

    Expresa relación afectiva ou familiar.

    Ex: A túa irmá pequena está hoxe de aniversario. Dille ao teu pai que che axude a pintar. OBS: Tamén se emprega a expresión substantivada os teus, inmobilizada en masculino plural, co significado de ‘a túa familia’ ou ‘os máis achegados’. Ex. Os teus agardan na estación a que chegues. Ex: A túa irmá pequena está hoxe de aniversario. Dille ao teu pai que che axude a pintar.

  4. pos

    Expresa o que ti prefires ou o que che é propio en función dos estudos, traballo ou actividade.

    Ex: O teu expediente académico é o mellor da promoción. A túa titulación permíteche optar a ese posto.

  5. pos

    Expresa aquilo do que te serves.

    Ex: O teu tren sae ás catro.

  6. pos

    Expresa o lugar onde ti traballas ou estudas.

    Ex: O teu traballo ofréceche moito tempo libre. A túa oficina ten vistas ao mar.

  7. pos

    Expresa algo que che está dedicado ou reservado.

    Ex: O teu poeta é Curros Enríquez.

  8. pos

    Expresa o que che é habitual ou característico.

    Ex: Non hai quen te quite do teu partido cada sábado.

  9. pos

    Expresa valor aproximativo ou ponderativo cando vai acompañando cantidades ou numerais.

    Ex: Fumabas os teus doce cigarros diarios.

  10. pos

    Expresa afecto, cariño ou acatamento cara a alguén.

    Ex: Que lle regalaches ao teu neno?

  11. pos de teu
    1. Expresa a propiedade plena de maneira marcada en construcións que manifestan ese significado, acompañando a substantivos que se refiren a ‘propiedade alienable’.

      Ex: Se tiveras coche de teu, non terías que andar a pedir favores.

    2. Expresa que os feitos, calidades ou características que se mencionan correspóndenlle totalmente a algo ou alguén.

      Ex: Se a ira que amosaches é de teu é mellor levarse ben contigo. OBS: A forma de teu con estes significados sempre se presenta inmobilizada en masculino singular. A forma teu(s) pronúnciase nalgúns lugares con [‘e] e noutros con [‘ε], sen límites dialectais precisos para unha e outra pronuncia.

  12. pos
    1. Expresa o que che é propio ou natural.

      Ex: O teu non é andar de troula.

    2. FRAS: As túas. Os problemas, traballos ou penalidades que che son propios.

      Expresa o que che corresponde.

      Ex: Xa fixeches o teu, agora tócalle á seguinte quenda. OBS: En ocasións pode adquirir valor adverbial co significado de ‘dabondo’ ou ‘en boa cantidade’. Ex: Xa traballaches o teu cando eras novo, agora tes que descansar.

  13. Mamífero carnívoro que mide 35 cm ata a cruz e 75 cm de lonxitude, máis 40 cm de cola. É de cor café claro a un gris terroso claro e presenta manchas ovais e raias de color café escuro ou negro. Aliméntase de roedores, pequenos primates, réptiles, insectos e aves. É un animal solitario de costumes nocturnas, moi bo agatuñador e moi áxil nas árbores. Habita altiplanos de densa vexetación, desde Costa Rica ata o N de Arxentina.