tímpano
(< lat tympănu < grτύμπανον)
-
s
m
-
[ANAT]
Membrana que separa o oído medio do conduto auditivo externo.
-
[ENTOM]
Órgano fonorreceptor dalgúns insectos que está formado por unha fina membrana que comunica por unha cara co exterior e por outra co remate dunha traquea, en cuxo inicio hai unhas células fonorreceptoras. Nos ortópteros hai dous tímpanos, un por cada lado, ben nos primeiros segmentos abdominais, ben en cada unha das bases das tibias anteriores. Nas cigalas están situados no segundo segmento abdominal, no lado dos órganos sonoros.
-
[ANAT]
-
s
m
[ARQUIT]
-
Superficie de peche situada entre as molduras dun frontón na arquitectura clásica.
-
Superficie delimitada polo ángulo dun gablete.
-
Espazo, xeralmente semicircular, delimitado polo lintel dunha porta e as arquivoltas. É característico da arquitectura románica e gótica.
-
Espazo análogo, sen ornamentación escultórica, colocado como elemento decorativo na parte superior de portas e ventás, especialmente durante o Renacemento e o Barroco.
-
-
s
m
[GRÁF]
-
Bastidor cuberto de pel ou de tea e forrado de baeta sobre o que se poñía, nas antigas prensas de man, o papel que se quería imprimir.
-
Bloque macizo da minerva sobre o que se coloca o papel en que se quere imprimir.
-
-
s
m
[MÚS]
Instrumento de corda da familia da cítara, xeralmente de forma trapezoidal, que se golpea ou percute cun mazo pequeno ou cos dedos. O corpo está formado case sempre por unha caixa e as súas cordas repártense en grupos horizontais que se cruzan entre si.