tinamiforme
tinamiforme
(< lat científico Tinamus,xénero de aves)
-
adx
Relativo ou pertencente aos tinamiformes.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da orde dos tinamiformes.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Orde de aves, de 18 a 60 cm, que teñen o esterno con quilla e os músculos peitorais ben desenvolvidos. As ás son reducidas, voan mal e durante distancias curtas, as temoneiras son moi curtas ou faltan e o peteiro é delgado e as patas son fortes. Habitan en América, desde o S de México ata a Patagonia.