uacarí

uacarí

(< tupí waka’ri)

s m [ANIMAL]

Nome que reciben os primates do xénero Cacajao, da infraorde dos platirrinos, que habitan no Amazonas, en zonas húmidas con inundacións. Miden arredor de 50 cm, e teñen a pelaxe e a cola curtas, e cores vivas na cara. Adoitan vivir en pequenos grupos de ata 50 individuos. Aliméntanse principalmente de sementes e froitos, aínda que tamén comen invertebrados. Posúen uns cairos moi desenvolvidos para romper a casca dos froitos. Destacan o uacarí branco (C. calvus), coa pelaxe longa,de cor abrancazada e coa cara sen pelo, e o uacarí de cara negra (C. melanocephalus) coa cara, as mans e os pés de cor negra. Trátase de especies ameazadas.

Palabras veciñas

U2 | UA | uabaína | uacarí | uadi | Uadi al-Hā’i | UAI