ubarana
ubarana
(
s
m
Peixe teleósteo, da familia dos elópidos, que habita en augas tropicais nas costas do Atlántico e do Pacífico. Pode medir ata 1 m de lonxitude e presenta o corpo fusiforme, as escamas finas, a cabeza pequena e bicuda e a aleta caudal moi bifurcada. Ten o dorso gris azulado, o ventre e os costados prateados, e as aletas inferiores de cor amarela. Aliméntase de pequenos peixes e crustáceos.