umbro -bra

umbro -bra

(< lat umbro)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Umbria ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Umbria.

  1. [ETN/HIST]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo umbro ou á súa lingua.

    2. s

      Individuo do pobo umbro.

    3. s m pl

      Pobo itálico que durante o segundo milenio a C ocupaba a Italia central e parte de Etruria, e que cara ao primeiro milenio a C se restrinxiu á zona oriental da actual Umbria e a algúns territorios alén dos Apeninos. Despois dalgunhas alianzas (s IV a C) foron sometidos polos romanos (295 a C), polo que se inicio a súa latinización.

  2. s m [LING]

    Lingua italorrománica do phylum indoeuropeo que se falaba na actual Umbria pero que, debido ao sometemento por parte dos romanos, desapareceu. Para escribir empregaban unha variante do alfabeto etrusco denominado alfabeto umbro que ten como testemuño máis importante a colección de sete táboas de Gubbio escritas en bronce e que datan do s II a C.

Palabras veciñas

Umbria, escola de | Umbriel | Umbrina | umbro -bra | umbrófilo -la | UMD | Ume ou Umeälv