unción
(
-
s
f
[RELIX]
-
Acción e efecto de unxir.
-
Acción que consiste en unxir con aceite persoas ou cousas, para separalas do uso profano e conseguir que sexan penetradas pola forza divina. Hai uncións no bautismo, a confirmación, a ordenación de presbíteros e bispos, a unción dos enfermos, a bendición de reis e raíñas, a dedicación das igrexas, a consagración dos altares, do cáliz e a patena e a bendición das campás.
-
-
s
f
[RELIX]
-
Graza do Espírito Santo que move a alma á perfección.
-
Devoción e recollemento co que se fai unha cousa, sobre todo de carácter relixioso.
-
-
unción dos enfermos
[RELIX]
Rito das igrexas cristiás, que consiste en unxir os diferentes órganos dos sentidos dos enfermos, ou algunhas partes do corpo, acompañando a acción cunhas pregarias que imploran o alivio da enfermidade e a remisión dos pecados. Durante moito tempo foi considerado como o rito preparatorio da morte (extremaunción), aínda que o Concilio Vaticano II tentou recuperar o seu carácter de sacramento da enfermidade.