ungüento

ungüento

(< lat unguentu)

s m [MED]

Substancia constituída por unha mestura de graxas, de consistencia branda semellante á da manteiga, que pode levar algún produto activo e que se aplica sobre a pel para o tratamento local dalgunhas dermatoses ou como cosmético. Semellante á pomada, non é tan fluído como o linimento.

Sinónimos

Palabras veciñas

Ungava | ungüe | ungüentario -ria | ungüento | ungüiculado -da | ungulado -da | ungular