Unión, A

Unión, A

Designación que fai referencia aos Estados Unidos de América. Empregouse especialmente a partir da escisión de once estados do Sur (Estados Confederados de América) agrarios, librecambistas e contrarios á abolición da escravitude, con respecto aos estados do Norte (A Unión), industriais, proteccionistas e partidarios da abolición da escravitude. Esta separación foi resultado da elección de A. Lincoln (antiescravista) como presidente de EE UU (1860), o que enfrontou as dúas partes na Guerra de Secesión (1861-1865). Coa derrota da Confederación os estados do Sur reincorporáronse á Unión en 1865.