Unión Católica

Unión Católica

Partido ultraconservador fundado en España por Alejandro Pidal Mon e o arcebispo de Santiago de Compostela, Miquel Payá i Rico. Creouse como unha alternativa ao carlismo e estivo apoiado desde o Vaticano por León XIII, que o aprobou en 1881. Respectuoso coa legalidade restauracionista, conseguiu atraer a moitos militantes carlistas.