uniónido -da
uniónido -da
(< lat científico Unio, xénero de moluscos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos uniónidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Molusco da familia dos uniónidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de moluscos lamelibranquios integrada por individuos con dúas valvas iguais, anchas e angulosas, de cor escura, cun pé ancho e en forma de machada, e o manto con pregamentos e papilas. Viven en auga doce de temperatura fría e sen contaminación. A esta familia pertence o cuncho (Unio pictorum)