universo

universo

(< lat universu)

    1. s m

      Conxunto de todo o que existe.

    2. s m [ASTRON]

      Conxunto constituído por todos os corpos celestes e o espazo que os contén. A maioría dos modelos cosmolóxicos elaborados baséanse na teoría da relatividade xeral de Einstein, fan referencia á orixe do Universo e constitúen verdadeiras cosmogonías. A masa total do Universo está expresada co símbolo V. Estímase que se atopa entre 0,8 e 1,2. Para un valor de V superior a 1, o Universo frearía a súa expansión e comezaría a comprimirse, mentres que para valores ata 1, a expansión continuaría indefinidamente.

    3. s m [FÍS]

      Nome dado por H. Minkowski á interpretación xeométrica da natureza que permite situar nun sistema de coordenadas un acontecemento do mundo físico.

    4. teoría do Universo inflacionario [ASTRON]

      Modelo que, enmarcado nas teorías da grande unificación, propón que o Universo pasou por unha fase metastable, con enerxía de baleiro non nula, que provoca un ritmo de expansión con velocidade exponencial.

    5. Universo observable [ASTRON]

      Porción de Universo que se pode observar, por calquera medio, desde a Terra ou desde máquinas enviadas ao espazo.

  1. s m

    Conxunto de todo o que existe dentro dun sistema ou dunha disciplina.

  2. s m

    Conxunto de elementos arredor dos que xira unha cousa ou a vida dunha persoa.

  3. s m [MAT]

    Conxunto de referencia con subconxuntos que se utilizan nun razoamento concreto. Así, no estudo dos conxuntos de números reais o universo é O.