Untia-Seminario de Estudios Mariñáns

Untia-Seminario de Estudios Mariñáns

Asociación cultural creada en Betanzos en 1979 coa finalidade de realizar e promover actividades culturais e estudos de investigación centrados nas Mariñas. Entre as súas actividades destacan a recuperación da documentación do Arquivo Histórico Municipal, a posta en marcha do Museo das Mariñas, a recolección de material para o Fondo Fotográfico de Betanzos e a publicación, desde 1985, do boletín Untia.

Palabras veciñas

Unterwalden | Untes | untexo | Untia-Seminario de Estudios Mariñáns | unto | Untola, Algoth | untuosidade