Upani ad
Upani ad
Nome científico:
[Upanishad]
Conxunto de textos místicos e filosóficos, de carácter esotérico, concibidos tradicionalmente como comentarios inspirados dos Vedas e redactados, na forma actual, entre 400 e 200 a C. Constitúen a primeira expresión consistente da doutrina filosófica do hinduísmo, caracterizada por unha intuición profunda da unidade do atman e do brahman, do home e do mundo, do individual e do absoluto. Esta doutrina foi codificada por Bādarāyana no seu Brahmasūtra, base dos comentarios máis importantes da advaita vedānta, considerada como a hermenéutica suprema da tradición védica. Entre os principais Upani ṣ ad destacan o B ṛ had, o Chhāndogya, o Kauśītaki, o Aitareya, o Taittirīya, o Iśa, o Kena e o Praśna.