uperización
uperización
(< uperizar)
s
f
[ALIM]
Tratamento de esterilización do leite que consiste en quentalo a 50° C en baleiro, para eliminar gases, quentalo a 70° C e inxectarlle vapor a presión ata chegar a 150° C durante algúns segundos, e despois arrefrialo e eliminarlle a auga que se lle engadiu por acción do baleiro. Na práctica conséguese un leite tecnicamente estéril, cuns caracteres sensoriais e nutritivos moi pouco alterados. OBS: Tamén se denomina ultrapasteurización e UHT (Ultra High Temperature).