urbanidade
urbanidade
(< lat urbanitāte)
s
f
[EDUC]
Calidade da persoa que posúe boas maneiras, que convive en grupo respectando a personalidade dos outros e que observa as normas de convivencia e de trato social. Máis alá dos aspectos sociais e morais, a urbanidade cultiva a estética das boas formas prestándolle especial atención ás normas de hixiene relativas á comida, ao vestiario e á vivenda. Durante os ss XVII-XIX constituíu unha materia especial nos sistemas educativos.