urea
urea
(
-
s
f
[QUÍM]
Diamida do ácido carbónico, cristalina e incolora, que constitúe o principal metabolito das proteínas, e que é expulsado nos ouriños. Obtense industrialmente por hidrólise parcial da cianamida ou por reacción a alta temperatura e a presión do dióxido de carbono e o amoníaco líquidos. Aplícase en síntese orgánica, como fertilizante e alimento para o gando, na preparación de plásticos e en separacións analíticas.
-
ciclo da urea
[BIOQ]
Mecanismo cíclico que ten lugar no fígado, e que cataliza a formación da urea nalgúns organismos.