Urgell, Rexencia de
Urgell, Rexencia de
Organismo de goberno dos realistas revoltos contra o réxime constitucional, instituído en Urgell en 1822 polo arcebispo de Tarragona Jaume Creus, Bernardo Mozo de Rosales, marqués de Mataflorida e por Joaquín de Ibáñez-Cuevas, barón de Eroles. Proclamaban a volta ao absolutismo, pero o desacordo doutrinal e a falta de apoio de Francia e do Congreso de Verona, así como o triunfo da campaña constitucional de Espoz y Mina en Catalunya, provocaron a súa disolución.