urodelo
(< 1 uro- + gr δῆλος ‘visible’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos urodelos.
-
s
m
[ANIMAL]
Anfibio da orde dos urodelos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de anfibios da subclase dos lepospóndilos, coa cabeza unida ao corpo por un pescozo curto, o tronco máis ou menos alongado e xeralmente provisto de catro patas curtas de dimensións iguais, as anteriores con catro dedos e as posteriores con cinco, e unha cola moi desenvolvida. A cabeza é bastante pequena respecto ao corpo, deprimida e co morro redondeado. As patas poden ser desproporcionadamente curtas e nalgúns casos, como o dos sirénidos, faltan as posteriores. Os dedos poden estar unidos por unha membrana ou non. O rabo é frecuentemente máis longo ca o resto do corpo. A pel é rica en glándulas mucosas e tóxicas e en cromatóforos, e moi fina, xa que a respiración cutánea é moi importante e nalgúns casos mesmo exclusiva. Non emiten sons. Poñen os ovos na auga ou na terra en grupos e en número moi considerable, e non os incuban. As larvas son xa moi semellantes aos adultos, e son acuáticas. Nuns poucos grupos as larvas non chegan nunca ao estadio adulto e poden reproducirse. Son os anfibios máis ligados á auga, son nocturnos, e habitan en lugares húmidos e sombríos. Aliméntanse de artrópodos, moluscos, vermes e larvas, e aguantan moi pouco a sequidade e as temperaturas altas. Poden rexenerar diferentes partes do corpo. A orde inclúe moitas especies de África noroccidental, América do Sur e todo o hemisferio setentrional.