usufruto

usufruto

(

s m [DER]

Dereito real de gozo sobre as cousas doutros, que lle outorga ao usufrutuario as facultades de posuír a cousa, usala e percibir todos os seus froitos, coa obriga de conservarlle a forma e a substancia. Pode orixinarse por disposición da lei ou por vontade dos particulares, manifestada a través do testamento. Xeralmente é vitalicio e considérase universal cando comprende a totalidade dos bens do testador.

Palabras veciñas

usuario -ria | usucapión | usucapir | usufruto | usufrutuar | usufrutuario -ria | Usulután