USX
USX
Empresa estadounidense fundada en 1901 polo banqueiro J. P. Morgan baixo a denominación United States Steel Corporation. Durante anos foi o primeiro grupo de produción siderúrxica, pero a crise da década de 1970 impulsouna a diversificar as súas actividades e entrou no sector petroleiro. En 1986 cambiou o nome polo de USX.