ute

ute
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo ute ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo ute.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo amerindio do grupo shoshon, que vivía no O de Colorado e no L de Utah. Asentados en pequenos grupos familiares e dedicados á caza e á recolección, despois das guerras indias (1864-1870) vendéronlles os seus territorios a EE UU, a excepción dunha reserva en Utah.

  4. s m [LING]

    Lingua uto-azteca do phylum amerindio que fala o pobo ute.

Palabras veciñas

ut | Utah | Utamaro, Kitagawa | ute | Utebo | utensilio | uterino -na