Útica
Útica
Antiga cidade púnica de África, situada á beira do Mediterráneo, ao NO de Cartago. Fundada polos tirios (1100 a C) na desembocadura do Medjerda, tiña dous portos. Tras a Terceira Guerra Púnica pasou aos romanos e converteuse na capital da súa provincia en África.