Unión Tabacalera
Unión Tabacalera
Sindicato fundado en 1916 polas traballadoras da fábrica de tabacos da Coruña. Formaba parte da Federación Tabaquera Española, afiliada á UGT. O seu líder na Coruña foi o socialista Severino Chacón, presidente do comité xeral da Federación Tabaquera Española. Enfrontado coas afiliadas do sindicato Nueva Aurora, en 1920, despois dun peche da fábrica durante seis meses como consecuencia da intensa actividade sindical da fábrica no ano anterior, perdeu afiliadas polo que decidiu desvincularse de UGT.