uru
uru
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo uru.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo uru.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo amerindio que habita en pequenos grupos diseminados na rexión do lago Titicaca, na conca do Desaguadero, na illa de Panza, no lago Poopó e no lago de Coipasa. A unidade social básica é o ayllu. Cristianizados, conservan moitas crenzas precristiás.
-
s
m
[LING]
Lingua arauaca do phylum amerindio que fala o pobo uru.