Vairocana
Vairocana
Nome dado ao Buda supremo no budismo mahāyāna. Adoita ser representado en actitude meditativa, co xesto característico dos seis elementos, que expresa coa man dereita pechada (os cinco dedos representan o mundo material: terra, auga, lume, aire e éter) por riba da esquerda, da que agarra o índice (que representa a consciencia).