Valcarce

Valcarce
[ONOM]

Apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar xa se documenta na Idade Media como valle carceris ‘val encaixado’. O apelido documéntase desde o s XIV: Garcia Rodrigues de Valcarcere (s XIV, Galdo, páx. 254), Joseph Balcarce (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 58), Manuel Balcarcel (ano 1752, Catastro de Santiago, páx. 127), Cathalina Valcarcel (ano 1752, Catastro da Coruña, páx. 121). Presenta as variantes Balcarce e Valcárcel.