Valcárcel, pazo dos ou pazo do Corgo
Valcárcel, pazo dos ou pazo do Corgo
Construción situada no Corgo. A súa orixe relaciónase coa familia López do Corgo (s XVI), aínda que o edificio que se conserva, de estilo barroco, débese ás intervencións dos Valcárcel, sucesores na liñaxe do pazo. O conxunto está formado por un edificio residencial de planta rectangular que tiña unido unha pequena capela empregada como vivenda e que dá acceso a un patio interior ao que se abren o resto das dependencias anexas. Destaca a presenza señorial da fachada moi ornamentada con arcadas, pilastras pegadas e un corpo central cun frontón co escudo de armas dos Neira, Balboa, Miranda e Saavedra e os Valcárcel.