Valle-Inclán, Agrupación Teatral
Valle-Inclán, Agrupación Teatral
Compañía teatral constituída en Ourense en 1967, a partir do Teatro Juvenil de Ourense (1962), baixo a dirección de Segundo Alvarado. Representaron Antígona (1967), Edipo abandonado (1969) e Don Hamlet (1970), entremeses cervantinos e pezas curtas. En 1970 unha parte dos actores constituíron Histrión-70.