vándalo -la
(< lat vandāle)
-
-
adx
Relativo ou pertencente aos vándalos.
-
s
[ETN/HIST]
Individuo do pobo vándalo.
-
s
m pl
[ETN/HIST]
Pobo xermánico que, ao inicio da era cristiá, estaba instalado á beira esquerda do curso medio do Vístula. Dividido en silingos e asdingos, establecéronse en Moravia no s II, e despois en Panonia setentrional. En 401 avanzaron cara ao Rin e espalláronse pola Galia. En 409 conseguiron atravesar os Pireneos centrais e occidentais e ocuparon diversas zonas da Península Ibérica. Os vándalos silingos establecéronse en Andalucía, onde foron derrotados polo visigodo Valia en 416-418. Os vándalos asdingos comezaron ocupando a metade setentrional de Portugal e en 425 tomaron Sevilla e despois Cartagena. En 429 establecéronse no N de África, desde onde se apoderaron das Balears, Córsega, Sardeña e Sicilia. En 455 saquearon Roma. Belisario, xeneral do Emperador Xustiniano, destruíu o seu reino e incorporou os territorios ao Imperio de Oriente en 534.
-
s
m
[LING]
Lingua xermánica do phylum indoeropeo que falaba o pobo vándalo.
-
adx
-
adx e s
Que ou quen realiza actos vandálicos.