vanitas*

vanitas*
s f [ARTE]

Nome dado ás naturezas mortas, con figuras ou sen elas, que refliten, mediante un simbolismo de obxectos, a dialéctica entre vida (cartos, vestidos, cargos, libros) e morte (reloxo, caveira). Utilizadas como propaganda das ideas contrarreformistas de Trento, foron cultivadas primordialmente polos pintores casteláns e andaluces da segunda xeración do s XVII como J. de Valdés Leal e A. Pereda.