variación
(< lat variatĭône)
-
s
f
Acción e efecto de variar.
-
s
f
[MÚS]
Transformación dunha composición musical sen afectar a súa identidade.
-
s
f
[BIOL]
Modificación dos caracteres aparentes dos fenotipos dos organismos respecto dos seus proxenitores.
-
[MAT]
-
s
f
Sucesión de n elementos dun conxunto de m elementos, que son diferentes dous a dous.
-
cálculo de variacións
Estudo da teoría dos extremos de integrais definidas tales que a súa integrante é unha función coñecida dunha ou máis variables independentes, dunha ou máis variables dependentes e das súas derivadas. O problema consiste en determinar as variables dependentes, de maneira que a integral sexa máxima ou mínima. No caso máis simple, a integral é da forma
FORMULA
onde cómpre determinar a función y(x) de maneira que I sexa máxima ou mínima.
-
s
f
-
s
f
[ASTRON]
Perturbación periódica do movemento da Lúa, que é máxima nas épocas equidistantes entre dous cambios de fase, mentres que se anula nos instantes dos cambios. Foi descuberta por Tycho Brahe en 1582 e xustificada teoricamente por Newton.
-
s
f
[LING]
Fenómeno polo que unha lingua determinada é diferente dependendo da época, lugar ou grupo social dado.
-
s
f
[BÉL]
Cambio de dirección que, cun medio xiro, efectúa unha formación de tropa en marcha, a paso lixeiro.
-
variación estacional
Cambio regular durante algún período do ano ligado a causas directa ou indirectamente conectadas coas estacións.
Refráns
- Vento ventiño, vento venteiro, hoxe rosmón e mañá falangueiro.