veče*

veče*
s f [HIST]

Asemblea popular da antiga Rusia. Procedente das antigas tribos eslavas, perdurou na institución política do estado ruso, aínda que o seu poder variaba dunha cidade a outra. Suprimida polos mongois (s XIII), sobreviviu aínda nalgunhas cidades ata o s XV.