vedda
vedda
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo vedda.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo vedda.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo asiático que habita nas zonas montañosas e nas selvas orientais de Sri Lanka. Constitúen o núcleo primitivo dos habitantes da illa. Practicamente absorbidos polos singaleses e os támiles, desde 1970 deixaron de existir virtualmente como comunidade separada. Cazadores e nómades, habitaban en covas naturais, cubríanse con cortiza de árbore e mantíñanse de raíces e mel silvestre.
-
s
m
[LING]
Lingua indoirania do phylum indoeropeo que fala o pobo vedda.